Ampliación do Polígono San Cibrao

Os orzamentos da Xunta de Galicia contemplará a nova ampliación do Polígono San Cibrao.

Os orzamentos da Xunta de Galicia contemplará a nova ampliación do Polígono San Cibrao.

Cun pasado de máis de medio século infestado de logros e un futuro pleno de expectativas. Así é como vemos desde a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao e por iso estamos a traballar intensamente na planificación dos próximos 50 anos, deseñando infraestruturas e servizos que consideramos estratéxicos.

Temos a ambición de que ningunha empresa nin ningún proxecto deixe de elixirnos porque non lle podamos ofrecer máis e mellores servizos, máis e mellores infraestruturas que calquera outro Polígono do norte de España.

Queremos que nos vexan como a mellor opción e para iso son imprescindibles proxectos como a estación de mercadorías ferroviarias, a nosa ampliación en 421.000 metros cadrados, o plan de mobilidade sostible ou a continuidade da ligazón coa A-52 ata o polígono e o Parque Tecnolóxico.

O interese que o Polígono está a espertar en diferentes empresas e proxectos é a proba máis evidente de que estamos no bo camiño e de que temos que seguir adiantándonos e anticipando o futuro que queremos para esta área industrial, por que non hai mellor maneira de predicir o futuro que crealo.