Programa de axudas á hostalería e outras actividades pechadas

Novas axudas para o sector da hostalería e outras actividades pechadas en Galicia, con motivo do Coronavirus.

Aprobadas as novas axudas para o sector da hostalería e outras actividades pechadas con motivo das restricións do COVID-19.

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado podendo, por tanto, ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento con dereito á axuda. Deberá presentarse unha única solicitude por titular na que figurarán todos os establecementos afectados polo peche dos que sexa titular.

CUMPRIMENTO OBRIGACIÓNS TRIBUTARIAS. Exímese ás persoas beneficiarias destas subvencións do requisito de atoparse ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pago do anticipo concedido (con condicións).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. Un mes desde mañá mércores 24 de febreiro.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. A través da 👉 sede electrónica da Xunta de Galicia, e introducindo os códigos de procedemento correspondentes.

INFORMACIÓN E APOIO. 900 815 600, www.oficinadoautonomo.gal

PROGRAMA I. APOIO Ó SECTOR DA HOSTALERÍA. TR500 C

BENEFICIARIOS. Autónomos, microempresas e pemes do sector da hostalería con domicilio en Galicia e que estivesen afectados polos supostos de peche de establecementos, independentemente do servizo en terrazas e de envío a domicilio ou recollida no local.

IMPORTE ECONÓMICO. Será determinado en función da data de peche do establecemento ou do peche perimetral no caso dos establecementos de aloxamento. Desde os 1.900 aos 3.700 euros.

PROGRAMA II. APOIO A OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS. TR500D

BENEFICIARIOS. Autónomos, microempresas e pemes de sectores afectados polo peche da actividade, excluídos os encadrados no PROGRAMA I anterior. Entenderase que está afectado polo peche, aquel establecemento que non poida abrir segundo a normativa sanitaria e atópese no apartado 4 de medidas especiais para determinadas actividades do anexo da Orde do 26 de xaneiro de 2021 considerándose incluídas tamén as atraccións de feiras.

IMPORTE ECONÓMICO. Será determinado en función da data de peche do establecemento. Desde os 1.900 aos 3.700 euros.