Xornada sobre as novidades laborais, mercantís e financeiras para o ano 2021

As novidades lexislativas no ámbito laboral, mercantil e financeiro, a debate na Asociación de Empresarios coa colaboración de ADV Grupo.

O xoves 18 de febreiro ás 12.00 horas celebrábase de forma telemática unha nova xornada técnica sobre as novidades laborais, mercantís e financeiras deste ano 2021.

No ámbito laboral, o relator de ADV Grupo, José Antonio Menéndez Fernández-Kelly informaba da regulación nos convenios colectivos e no teletraballo; as claves no mantemento do emprego e as novidades que podemos esperar nos Orzamentos Xerais do Estado.

En canto ao ámbito mercantil e financeiro, Marta López López de ADV Grupo, instruíu aos presentes sobre as prórrogas dos préstamos ICO, as reunións telemáticas de órganos colexiados de sociedades, ou sobre o chamado “ pre- pack”, isto é, a posibilidade de venda da unidade produtiva antes dun concurso.

Finalmente, ambos os especialistas en lexislación laboral e mercantil, responderon as preguntas que foron xurdindo na rolda de debate, na que os asistentes resolveron dúbidas.

Presidente da Asociación de Empresarios.
Imaxen videoconferencia.