Controis sanitarios ás persoas procedentes de Francia

Medidas de control sanitario ás persoas procedentes de Francia que cheguen a España por vía terrestre.

O Boletín Oficial do Estado do sábado 27 de marzo publicaba unha nova Orde do Ministerio de Sanidade, referente ás nosas fronteiras.

Nesta nova Orde establécese que, todas as persoas procedentes de zonas de risco de Francia, que cheguen a España por vía terrestre, deberán dispoñer dunha proba PCR, TMA ou outro tipo de proba diagnóstica de SARS- Cov-2 con resultado negativo.

Esta proba deberá estar realizada nas setenta e dúas horas previas á chegada a España.

Quedan exceptuadas desta obrigación as seguintes persoas:

  • Nenos menores de 6 anos.
  • Profesionais do transporte por estrada no exercicio da súa actividade profesional.
  • Traballadores transfronteirizos.
  • Residentes en zonas fronteirizas, nun radio de 30 quilómetros ao redor do seu lugar de residencia.

📅 Esta nova medida produce efectos desde o martes 30 de marzo e ata que o Goberno declare a finalización da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

💻 Accede ao boletín oficial na seguinte ligazón.