Nova actualización de restricións en Galicia

Nova modificación das restricións en Galicia a partir do 12 de abril.

O DOG do venres 9 de abril publicaba os novos cambios nas restricións da nosa comunidade autónoma, vixentes desde as 00.00 horas do 12 de abril de 2021.

NIVEIS DE RESTRICIÓN POR CONCELLOS:

👉 Desde este mapa interactivo poderás consultar o nivel de restrición e de incidencia de cada concello.

  • Nivel de restrición máxima: Carballeda de Valdeorras, O Grove, A Pobra do Caramiñal.
  • Nivel de restrición alta: Barreiros, Boimorto, Boiro, Carral. A Illa de Arousa, O Irixo, Monterrei, A Pobra do Brollón.
  • Nivel de restrición media: Baiona, O Carballiño, Cortegada, Gondomar, Meis, As Neves, Noia, Padrenda, Rábade, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova de Arousa.
  • Nivel de restrición baixa: resto de concellos.

RESTRICIÓNS ACTUAIS:

  • REUNIÓNS SOCIAIS. Permanencia en grupos de persoas, máximo de 4 persoas en espazos pechados e de 6 en espazos abertos (salvo nas localidades en nivel de restrición máxima).
  • MOVILIDADE. Os niveis de restrición non afectan á mobilidade, salvo no caso de localidades en nivel máximo de restrición das que só se poderá entrar ou saír con causa xustificada.
  • PECHE PERIMETRAL. A Comunidade Autónoma permanece pechada. TOQUE DE QUEDA. Entre as 22:00 e as 06:00 horas.
  • HOSTALERÍA. Dependendo do nivel de restrición no que se atopen os concellos aos que pertencen, os establecementos hostaleiros terán un aforo interior e exterior indicado na cartelería da que deben dispoñer en todo momento.
  • MÁSCARAS DURANTE O DEPORTE INDIVIDUAL. Pode practicarse deporte individual ao aire libre sen máscara sempre que poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros. Deberá usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento.

💻 Todas as nosas empresas asociadas poderán atopar esta información detallada e actualizada na área privada de socio da web da Asociación.