Permitas en Galicia as reunións sociais en espazos privados

Permitidas as reunións, de catro persoas non conviventes, en espazos pechados, a partir do sábado 10 de abril.

👉 Acceso Real Decreto 54/2021 do 7 de abril.

👉 Acceso Orde do 7 de abril.

O DOG da noite do 7 de abril traía consigo novas modificacións.

Por unha banda, os novos concellos afectados con máximas restricións e, doutra banda, as agrupacións de persoas non conviventes en espazos privados.

Desta forma, a partir das 00.00 horas do xoves 8 de abril, dous novos concellos sitúanse no nivel máximo de restricións: A Pobra do Caramiñal na provincia da Coruña e, O Grove na provincia de Pontevedra.

Estes dous municipios estarán pechados perimetralmente de forma individual, polo que non se poderá entrar ou saír dos mesmos sen xustificación, a hostalería permanecerá pechada, só con servizo de recollida e entrega a domicilio e, en canto ás reunións sociais estarán limitadas exclusivamente ás unidades de convivencia.

Doutra banda, en canto ao resto de concellos da comunidade galega quedan como ata o de agora os niveis de restrición:

  • Alto: A Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.
  • Medio: Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona.
  • Medio-baixo: concellos restantes.

No que concierne ás reunións sociais, o DOG trasladaba unha nova modificación. A partir das 00.00 horas do sábado 10 de abril, estarán permitidos os encontros sociais de non conviventes en espazos privados, cun número máximo de 4 persoas e de 6 persoas en espazos ao aire libre.