O fin do estado de alarma en España, e agora, que?

Consulta as restricións que están vixentes en Galicia a partir do 9 de maio, con motivo do fin do estado de alarma en España.

Como consecuencia do fin do estado de alarma en España, as comunidades autónomas dispoñerán de forma independente, as diferentes restricións sociais e de mobilidade, previa autorización do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade.

En canto a aquelas persoas que cheguen á nosa Comunidade Autónoma, estas deberán comunicar a súa chegada á mesma a través dos formularios xa establecidos, podendo ser sometidas a unha proba diagnóstica ou aquelas recomendacións que as autoridades sanitarias consideren oportunas.

Así mesmo, levántase o peche perimetral da Comunidade Autónoma de Galicia, pero mantéñense os niveis de restrición por concellos, dependendo, como ata o de agora, do nivel de incidencia do virus en cada momento.

Situación das restricións en Galicia a partir do domingo 9 de maio.

🔴 MÁXIMO: Cambados, Cualedro, Laza, Padrón e Vilanova de Arousa.

  • Peche perimetral.
  • Non se pode entrar nin saír destas localidades sen causa xustificada.
  • Toque de queda entre as 23.00 e as 6.00 horas.
  • Hostalería pechada.
  • Prohibidas reunións de non conviventes.
  • Reunións laborais non poderá superarse o aforo do 30% do establecemento.

🟠 ALTO: Coristanco, Gondomar, A Laracha, Marín, A Merca, Mesía, A Pastoriza, Ribeira e Salceda de Caselas. Liberdade na mobilidade.

  • Sen toque de queda, desde as 6.00 horas do sábado 8 de maio.
  • Hostalería só servizo en terraza ao 50% e peche ás 23:00 horas. Os restaurantes poderán pechar á 01:00 para ceas con reserva, conservación de datos dos clientes e medidores de CO2, recomendando o seu uso tamén para bares e cafeterías.
  • Reunións de 4 persoas en lugares pechados e de 6 en exteriores.
  • Prohibidas as reunións en domicilios entre a 01:00 e as 06:00 horas.
  • Reunións laborais non poderá superarse o aforo do 30% do establecemento.

🟡 MEDIO: Allariz, Ames, Betanzos, Cambre, Cangas, Carballeda de Valdeorras, Carballo, Cerdedo- Cotobadde, Chantada, Fornelos de Montes, Lalín, Meira, Melide, Muiños, Noia, Nigrán, Ordes, O Porriño, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño, Tui, Verea, Verín, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Xinzo de Limia.

  • Liberdade na mobilidade.
  • Sen toque de queda, desde as 6.00 horas do sábado 8 de maio.
  • Hostalería ao 30% no interior e ao 50% en terraza e peche ás 23:00 horas. Os restaurantes poderán pechar á 01:00 para ceas con reserva, conservación de datos dos clientes e medidores de CO2, recomendando o seu uso tamén para bares e cafeterías.
  • Reunións de 4 persoas en lugares pechados e de 6 en exteriores.
  • Prohibidas as reunións en domicilios entre a 01:00 e as 06:00 horas.
  • Reunións laborais non poderá superarse o aforo do 30% do establecemento.

🟢 MEDIO-BAIXO: resto de concellos.

  • Liberdade na mobilidade.
  • Sen toque de queda, desde as 6.00 horas do sábado 8 de maio.
  • Hostalería ao 50% no interior e ao 70% en terraza e peche ás 23:00 horas. Os restaurantes poderán pechar á 01:00 para ceas con reserva, conservación de datos dos clientes e medidores de CO2, recomendando o seu uso tamén para bares e cafeterías.
  • Reunións de 4 persoas en lugares pechados e de 6 en exteriores.
  • Prohibidas as reunións en domicilios entre a 01:00 e as 06:00 horas.
  • Reunións laborais non poderá superarse o aforo do 50% do establecemento.

💻 O Sergas pon a disposición este mapa interactivo, desde o cal poderás consultar en todo momento o nivel de incidencia de cada concello e as restricións que lle afectan.