Os novos usos da máscara

A máscara deixará de ser obrigatoria en exteriores, garantindo a distancia de seguridade entre persoas.

A partir das 00.00 horas do sábado 26 de xuño, o uso da máscara en España verase modificado.

O Boletín Oficial do Estado publica, o venres 25 de xuño, unha nova modificación da normativa, a través da Real Decreto-lei 13/2021, do 24 de xuño.

Esta nova modificación establece as novas pautas que, todos os cidadáns españois, deberán cumprir en canto ao uso de máscaras en espazos abertos e pechados.

A máscara, obrigatoria

Deberán usala de forma obrigatoria, como ata o de agora, persoas de seis anos en diante.

EN QUE CASOS DEBO USAR A MÁSCARA?

  • Espazos pechados de uso público.
  • Espazos ao aire libre nos que non resulte posible manter unha distancia mínima de 1,5 metros entre persoas, salvo convivientes.
  • En todos os medios de transporte.
  • Nos eventos multitudinarios ao aire libre, cando os asistentes estean de pé ou se están sentados cando non se poida manter 1,5 metros de distancia, salvo convivintes.

PODO QUITARME A MÁSCARA? Si, pero só en exteriores e sempre que garantamos a distancia de seguridade de 1,5 metros.

Existen ademais, outros casos nos que a máscara non será obrigatoria:

  • En residencias de maiores ou dependentes, a condición de que teñan cobertura de vacinación con pauta completa acreditada, excepto visitantes e traballadores.
  • En residencias de traballadores esenciais, a condición de que teñan cobertura de vacinación con pauta completa acreditada superior ao 80%.
  • Para persoas con enfermidades, dificultades respiratorias ou discapacidades.

CALES SON As NOVAS MODIFICACIÓNS? O BOE/BOE publica o venres 25 de xuño os novos usos da máscara, efectivos a partir do sábado 26 de xuño.

Estes novos cambios establécense especialmente no exterior, onde a máscara poderá sacarse a condición de que se manteña a distancia interpersoal de seguridade, de 1,5 metros. Por iso, se nos atopamos nunha rúa da cidade de Ourense sen aglomeracións poderemos sacala.

As autoridades sanitarias recomendan levala sempre connosco.

Así mesmo, esta nova normativa establece que poderán sacala os usuarios das residencias de maiores, dependentes ou de traballadores esenciais, a condición de que conten coa pauta completa da vacinación, non así poderán facelo os traballadores e visitantes externos ás mesmas.