Programa Emega, axudas ao emprendemento feminino

Axudas para o fomento do emprendemento feminino en Galicia.

Mujer trabajadora

👉Resolución

O Programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres.

Prazo de presentación de solicitudes. Desde o 15 de xullo e ata o 14 de agosto de 2021.

Presentación de solicitudes. De forma telemática a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e introducindo o código de procedemento SE429A.

Prazo de presentación de xustificación da subvención. Data límite que figure na resolución de concesión da axuda ou, en todo caso, non excederá o 17 de novembro de 2021.

Para máis información ou consultas podes poñerche en contacto a través da 👉 páxina web ☎ 981 545 374 📧 promocion.igualdade@xunta.gal.

Liñas de axudas e compatibilidade

Liñas de axuda.

  • LIÑA EMPRENDE. Promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
  • LIÑA ACTIVA. Favorecer a reactivación, consolidación de empresas constituídas por mulleres ou, a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade.
  • LIÑA ITEF. Impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, científico ou con base tecnolóxica promovida por mulleres.
  • LIÑA CONCILIA. Axuda complementaria das liñas anteriores para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Compatibilidade.

  • A liña emprende, activa e ITEF son incompatibles entre si e só poderase ser beneficiario dun único incentivo dentro de cada unha delas. Compatibles coa liña complementaria Concilia.
  • Incompatibles coas axudas establecidas para a mesma finalidade nos programas de promoción do emprego autónomo, fomento do emprego en cooperativas e sociedades, de iniciativas de emprego e de iniciativas de emprego con base tecnolóxica.
  • Incompatibles coas subvencións de contratación por conta allea doutros departamentos da Xunta de Galicia, agás que o período de mantemento do emprego esixido haxa finalizado.

Beneficiarias

  • Empresas privadas (microempresas ou pequenas empresas) formadas por mulleres que inicien a súa actividade entre o 1 de agosto de 2020 e a data de fin de prazo de presentación das solicitudes desta axuda.Empresarias individuais, a solicitude deberá ser presentada por traballadora autónoma.
  • Sociedades civís, comunidades de bens, sociedades mercantís, cooperativas ou sociedades laborais, a solicitude deberá ser presentada por esta, non será válida as solicitudes presentadas polas socias ou comuneiras.

Contías

LIÑA EMPRENDE. Incentivos en atención ao número de postos creados con carácter estable para mulleres, entre 10.000 e 22.000 euros.

LIÑA ACTIVA. Incentivos en atención ao número de postos existentes como consecuencia do mantemento ou incremento do emprego existente, entre 8.000 e 17.000 euros.

LIÑA ITEF. Incentivos en atención ao número de postos de traballo creados con carácter estable de mulleres, entre 18.000 e 42.000 euros.

LIÑA CONCILIA. Importe máximo de 5.000 euros por empresa.