Xornada informativa sobre o acceso ao crédito das pemes

Sesión de asesoramento para o acceso ao crédito das pemes galegas.

A Asociación de Empresarios en colaboración coa sociedade de garantía recíproca, Sogarpo, celebraba o 8 de xullo unha nova sesión informativa para os seus socios.

Esta nova xornada, celebrada de forma telemática, pon de manifesto as novas ferramentas e recursos ao alcance das pemes galegas para defender as súas dificultades.

Unha nova sesión que desde a asociación ofrecemos a todas as nosas empresas, reivindicando a importancia da actividade empresarial no desenvolvemento da nosa provincia.

Novas liñas de financiamento

O IGAPE puxo en marcha catro liñas de financiamento para PEMES e autónomos galegos.

Estas novas axudas están destinadas a:

  • investimentos produtivos,
  • tráfico comercial,
  • ofrecer garantías fronte a terceiros e,
  • paliar as consecuencias da COVID19.

E, foi da man do Director comercial de Sogarpo, Fernando Carbonell, quen contou ás empresas asistentes o acceso a estas novas axudas.

Grazas ao aval de Sogarpo, as pemes e autónomos poderán acceder ás liñas financeiras creadas polo IGAPE, cuxo prazo de solicitude estará aberto ata o 30 de setembro.