Axudas destinadas a autónomos e empresas

Relación de subvencións da Xunta de Galicia, con convocatoria de solicitude aberta, para autónomos e empresarios.

A Xunta de Galicia ten abertas diversas convocatorias de programas e axudas destinadas a autónomos e empresas privadas, co obxecto de promover a xeración de emprego e a posta en marcha de novas actividades económicas.

Se estás a pensar en darche de alta como autónomo, contratar persoal ou recuperar unha actividade económica en crise ou sen substitución xeracional, consulta a continuación os programas que aínda teñen aberta a súa convocatoria de solicitude ata o próximo 30 de setembro.

Promoción de emprego autónomo

Axuda económica de entre 2.000 e 10.000 euros destinada a persoas desempregadas que inicien a súa actividade como autónomos ou por conta propia en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes termina o próximo 30 de setembro de 2021.

Axudas a autónomos pola contratación indefinida

Incentivos a autónomos ou profesionais con domicilio en Galicia, para a contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas.

O prazo de presentación de solicitudes termina o próximo 30 de setembro de 2021.

  • Bono contratación. Axuda económica para a contratación indefinida inicial de desempregados. As contías máximas irán desde 16.250 euros para a primeira persoa traballadora indefinida e 22.500 euros para a segunda e terceira.
  • Bono formación. Axuda de 4.000 euros por cada traballador dado de alta como indefinido, para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades.

Programa Galicia Emprega

Incentivos para a contratación de desempregados na empresa ordinaria calquera que sexa a súa forma xurídica, incluidos autónomos, especialmente, daquelas persoas con dificultades de inserción laboral (novas, mulleres, desempregados de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social).

O prazo de presentación de solicitudes termina o próximo 30 de setembro de 2021.

  • Contratación indefinida Entre 6.000 e 16.000 euros, podendo incrementarse nun 25%.
  • Contratación temporal entre 3.000 e 8.000 euros, podendo incrementarse nun 25%.
  • Transformación de contratos temporais en indefinidos entre 2.000 e 3.000 euros.
  • Accións formativas que melloren as habilidades e coñecementos relacionados co posto entre 2.000 e 4.000 euros.

Programa de apoio á recuperación de negocios en crises ou sen substitución xeracional

Axudas destinadas a impulsar a actividade económica de sociedades cooperativas e sociedades laborais de economía social de Galicia, xurdidas de sociedades de capital, sociedades civís, asociacións que estivesen a desenvolver unha actividade económica ou persoas autónomas preexitentes, a través dun proceso de transformación.

O prazo de presentación de solicitudes termina o próximo 30 de setembro de 2021.

  • Categoría 1. Adquisición de activos.
  • Categoría 2. Asesoramento.
  • Categoría 3. Profesionalización e desenvolvemento estratéxico.
  • Categoría 4. Gastos correntes.

Iniciativas de emprego de base tecnolóxica

Subvencións para empresas privadas, incluídos autónomos, con domicilio en Galicia e que inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial fose cualificado como IEBT (Iniciativa de emprego de base tecnolóxica).

O prazo de presentación de solicitudes termina o próximo 30 de setembro de 2021.

  • Creación directa de emprego estable.
  • Contratación de persoal técnico de alta cualificación.
  • Inicio da posta en marcha da actividade.