Novos cambios na hostalería

Novos niveis de restrición para o sector hostaleiro co obrigado cumprimento de diversas medidas de seguridade.

A Xunta de Galicia anuncia un novo protocolo para a hostalería na nosa comunidade autónoma.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba en rolda de prensa, un novo documento de actuación que guiará os próximos meses.

Deste xeito, crearanse dous novos niveis de restrición segundo o grao de compromiso do establecemento.

Locais de tipo 1

👥 AFORO. 50% en interior e 75% en exterior.

🕐 HORARIO DE PECHE. 1.00 horas.

⭕REQUISITOS MÍNIMOS DE SEGURIDADE.

  • Distancia de 1,5 metros entre mesas.
  • Exposición pública de aforos permitidos no local.
  • Medidor de CO2, con anotacións como mínimo cada 4 horas.
  • Máscaras cirúrxicas para o persoal, con obrigación de cambio cada 4 horas.
  • 2 horas de formación en protocolos covid para o persoal.

Locais de tipo 2

👥 AFORO. 75% en interior e 100% en terraza, ademais do uso de barras, sempre de forma individual ou de dúas persoas conviventes.

🕐 HORARIO DE PECHE. 1.00 horas.

⭕ REQUISITOS MÍNIMOS DE SEGURIDADE.

  • Distancia de 1,5 metros entre persoas de distintas mesas.
  • Os restaurantes deberán rexistrar os clientes.
  • Medidor de CO2 continuo.
  • Máscaras FPP2 para o persoal, facilitándolles probas diagnósticas cada 7 ou 14 días, dependendo da situación epidemiolóxica.
  • 4 horas de formación en protocolos covid para o persoal.

Resérvase un terceiro nivel para casos extraordinarios cando así o requira a gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.

A comunicación oficial e todos os detalles faranse oficiais nas próximas horas no DOG.