DCIM100MEDIADJI_0454.JPG

Artigo 6 dos Estatutos da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao:

  • Poderán ter a condición de membros todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que sexan propietarias dunha parcela ou exerzan unha actividade empresarial, cando o seu domicilio, centro de traballo, nave ou almacén estean situados no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas ou zonas limítrofes con vinculación ao polígono, que estean legalmente establecidas ou que xustifiquen a representación que teñen de modo suficiente a xuízo da Xunta Directiva.
  • on carácter excepcional poderán ter a condición de asociados aqueles entes ou empresas que aínda que non estean situados fisicamente no polígono industrial, manteñan con esta asociación unha relación continua e duradeira no tempo ou por diversas razóns que, a xuízo da Xunta Directiva, sexan suficientes para demostrar a condición de asociado.

Se desexas asociarche non tes máis que encher o seguinte formulario.

Unha vez recibido poñerémonos en contacto con vostede para tramitar a súa alta e informarlle do réxime de cotas.

A súa alta deberá ser aprobada en Xunta Directiva e ratificada en Asemblea Xeral, polo que ata entón recibirá o tratamento de alta provisional.