A Cidade do Transporte, situada no Polígono de San Cibrao, é un espazo pechado e vixiado que albergará a futura estación intermodal.

Trátase dun nodo loxístico concibido para conxugar os transportes por tren e estrada.

Conta cunha superficie total que rolda os 350.000 metros cadrados, con espazo destinado para 19 parcelas, distribuídas en máis de 125.000 metros cadrados.

A Cidade do Transporte conta con servizos comúns xa postos en marcha, como enerxía eléctrica, iluminación pública, televigilancia, rede de telefonía e telecomunicacións, abastecemento, saneamento, pluviais, rede contra incendios e seguridade privada.

A súa posición privilexiada confírelle un especial atractivo para aquelas empresas cun alto volume de recepción de mercadorías por estrada e por ferrocarril, que queiran instalarse na zona industrial de San Cibrao das Viñas.


Mapa interactivo de parcelas XESTUR

Accede ó Mapa Interactivo coas parcelas libres e ocupadas.