Percorrido pola historia do Polígono de San Cibrao.

1965

Nacemento do Polígono San Cibrao

A Caixa de Aforros Provincial de Ourense pon en marcha o Polígono San Cibrao.
Adquisición de 200 hectáreas.

1965
1966

Primeira fase

A empresa Beconsa (Barreiros Empresa Construtora, S.A.) comeza a primeira fase de urbanización do Polígono San Cibrao.

1966
1971

Primeira empresa en instalarse

Instálase a primeira empresa no Polígono San Cibrao, Barreiros Ourense. Pertenceu ao ilustre ourensán, Eduardo Barreiros.

1971
Anos 70

72 empresas

Durante os anos 70 instaláronse outras empresas ata alcanzar 72 firmas na primeira fase, entre elas Mobles Calvo, Carrocerías Pérez e Orember.

Anos 70
Anos 80

Segunda ampliación de terreos

Adquírense 96.000 metros cadrados máis.
Os anos 80 finalizan co peche de Citroën. #Implantar empresas como Sommer Allibert e Adolfo Dominguez.

Anos 80
1992

Parque Tecnolóxico de Galicia

Nace o Parque Tecnolóxico de Galicia, cun investimento de 5.000 millóns de pesetas. Nel sitúanse máis de 30 empresas innovadoras como Coren, Uma Ibérica, Egatel, Instituto Tecnolóxico da Madeira…

1992
1997

Remodelación de infraestruturas

Asínase un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, o concello de San Cibrao e a Asociación de Empresarios, para a creación de infraestruturas por valor de 600 millóns de pesetas.

1997
2004

Terceira fase de ampliación de terreos

Ampliación dos terreos con 350.000 metros cadrados.

2004
2005

Ciudad del Transporte

Posta en marcha da Ciudad del Transporte con unha superficie de 125.000 metros cadrados.

2005
2006

Novos servizos

Servizo de bombeiros
Establecemento dun Servizo de Primeira Intervención de bombeiros, pioneiro nunha área empresarial.

Servizo de televixilancia
Instalación das primeiras cámaras de vixilancia no Polígono San Cibrao.

Servizo de vixilancia
Posta en marcha dun servizo privado de vixilancia nocturno.

2006
2008

Parque Tecnolóxico de Galicia

Ampliación dos terreos do Parque Tecnolóxico.

2008
2012

Parque Tecnolóxico de Galicia

Segunda ampliación de terreos do Parque Tecnolóxico.

2012
2015

50 aniversario Polígono San Cibrao

A área empresarial máis importante da provincia de Ourense cumpre 50 anos de vida.

Arboreda do Tempo
Plantación de 50 árbores conmemorativas do 50 aniversario do Polígono San Cibrao. Celebración de actos lembrando o pasado e presente do polo industrial de maior envergadura de Ourense.

2015
2016

Feira “O polígono nunca visto”

As empresas do Polígono San Cibrao trasladan durante dous días os seus procesos produtivos ao recinto feiral de Expourense, onde a cidadanía puido contemplar que e como se fabrica en Ourense.

2016
2018

Inicio das obras da ligazón coa Autovía A-52

O 14 de maio de 2018 o presidente da Xunta de Galicia presentaba o inicio das obras de construción da ligazón que conectará o Polígono de San Cibrao das Viñas coa autovía A-52.

2018
2019

40 aniversario

40 anos transcorreron desde o nacemento da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao.

2019
2020

Inauguración do vial de ligazón do Polígono San Cibrao coa autovía A-52



O 11 de setembro poñíase en servizo o vial de conexión do Polígono San Cibrao coa autovía Rías Baixas A-52.

2020