Gardería Infantil Os Pequerrechos

Horario: 6:45 a 21:30 horas.

Servizo de comedor con almorzo, comida e merendas, elaborados por nutricionistas.

📞 Teléfono de contacto: 988 384 958


Recollida de residuos

Días de rellida de residuos: martes e venres.

As empresas deberán deixar os colectores no exterior das súas instalacións os días anteriores á recollida. É imprescindible que a empresa dispoña de licenza de apertura para a colocación do contedor.


Transporte interurbano

O Polígono San Cibrao conta actualmente cun servizo de transporte público regular.

HORARIO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS


Punto Limpo

Recollida de residuos sólidos urbanos.

O servizo realízase os luns e sábados en horario de 10.00 a 13.45 horas.


Instalacións deportivas

Campos de fútbol, piscinas públicas, pista de automodelismo, pistas de pádel, ximnasio e polideportivo con actividades grupais variadas.


Estacións de servizo

Gasolineiras con servizo de duchas, lavado de coches particulares e camións, descarga de tacógrafo, pago con tarxeta, Adblue …


Farmacia

Apertura de luns a sábado en horario de maña e tarde.


Servizos bancarios

Existen diferentes entidades bancarias no Polígono San Cibrao con atención ao público de luns a venres.


Correos

Apertura de luns a sábado en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres e sábados de 9.30 a 13.00 horas.


Centro Médico

Centro médico nas propias instalacións do Edificio Multiusos da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao.


Servizos de restauración

Variedade de restaurantes con menú do día, así como reservas para comidas empresariais e reunións sociais.

Hoteis e hostais con ampla oferta de habitacións.


Fibra óptica

Fibra óptica instalada en todas as estradas do Polígono San Cibrao.


Subestación eléctrica

Instalacións que dan discorren polos viais do Polígono San Cibrao e que dan acometida ás empresas.